RASTRELO OU SEDEIRO
Detalles das
Imaxes
Autor/es:
Museo da Limia ou Descoñecido
Número Negativo:
Descoñecido
Identificación
Clasificación Xenérica:
Ferramentas e Equipos: Fiandeira
Materia:
MADEIRA DE CASTIÑEIRO E FERRO
Cronoloxía Xeral:
Segundo cuarto do século XX
Uso:
Asedado do liño.
Descrición:
Instrumento composto por unha táboa fina, cos extremos cadrados e co centro de forma romboidal, tallada na mesma táboa. Sobre este centro crávase un taco de madeira cadrado e de certa altura, sobre o que aparece unha estructura de ferro - da mesma medida que o taco- na que van implantados varios dentes ou puntas bicudas finas de ferro. Ten un dos extremos cadrados rotos.
Notas para o seu uso, colocación e disposición: Unha vez limpo de estopa (despois de mazado) peitéase as fibras das estrigas, quese separan por medio deste rastrelo. Pásanse as estrigas polo peito ata que quedan ben alisadas e libres de asperezas, perdendo nestes saíntes a estopiña, que se aparta e aínda serve para tapar os billotes das cubas, a pechar as fendas dos recipientes de madeira misturándoa con sebo; con este paso chégase á última parte da conversión da fibra que se vai tecer.
Ingreso
Forma de Ingreso:
Doazón
Fonte de Ingreso:
ASOCIACIÓN "O BIÓN"
Data Ingreso:
1992-10-01T12:00:00
Máis
información no Museo da
Limia
Características
Técnica:
TALLA E FUNDIDO
Autor/a:
Descoñecido/a
Estado de Conservación:
Malo
Firma:
Descoñecida
Ubicación:
Almacén
Dimensións:
- Alto: 60 cms
- Ancho: 19 cms.
- Longo: 25 cms.
Outros Detalles
Lugar de Procedencia/Xacemento:
CASTELAUS, VILAR DE SANTOS
Época/Cultura:
GALEGA
Bibliografía:
Non dispoñible. Para máis información sobre a peza ou obxecto contacte co museo.