RASTRELO OU SEDEIRO
Detalles das
Imaxes
Autor/es:
Museo da Limia ou Descoñecido
Número Negativo:
Descoñecido
Identificación
Clasificación Xenérica:
Ferramentas e Equipos: Fiandeira
Materia:
MADEIRA DE CARBALLO E FERRO
Cronoloxía Xeral:
Segundo cuarto do século XX
Uso:
Asedado do liño.
Descrición:
Instrumento que se compón dunha táboa grosa de madeira, cos extremos cadrados e co centro tallado de forma lanceolada. Sobre este centro sitúase unha estructura de ferro, cadrada na que van implantadas varias puntas ou dentes bicudos tamén de ferro uns máis frosos e outros máis finos. ten nun dos extremos cadrados da táboa unha argola de ferro para pendurala. Enriba da táboa aparece unha caixa de madeira, que é unha peza independente do rastrelo.
Notas á súa colocación e uso:
Unha vez limpo de estopa (despois de mazado) peitéase as fibras das estrigas, quese separan por medio deste rastrelo. Pásanse as estrigas polo peito ata que quedan ben alisadas e libres de asperezas, perdendo nestes saíntes a estopiña, que se aparta e aínda serve para tapar os billotes das cubas, a pechar as fendas dos recipientes de madeira misturándoa con sebo; con este paso chégase á última parte da conversión da fibra que se vai tecer.
Ingreso
Forma de Ingreso:
Doazón
Fonte de Ingreso:
JUAN PAZ
Data Ingreso:
1991-01-01T12:00:00
Máis
información no Museo da
Limia
Características
Técnica:
TALLA E FUNDIDO
Autor/a:
Descoñecido/a
Estado de Conservación:
Bo
Firma:
Descoñecida
Ubicación:
Sala. 5. O liño
Dimensións:
- Alto: 67 cms.
- Ancho: 15 cms.
- Longo: 28 cms.
Outros Detalles
Lugar de Procedencia/Xacemento:
MOREIRAS
Época/Cultura:
GALEGA
Bibliografía:
Non dispoñible. Para máis información sobre a peza ou obxecto contacte co museo.