RASTRELO OU SEDEIRO
Detalles das
Imaxes
Autor/es:
Museo da Limia ou Descoñecido
Número Negativo:
Descoñecido
Identificación
Clasificación Xenérica:
Ferramentas e Equipos: Fiandeira
Materia:
MADEIRA DE CASTIÑEIRO E FERRO
Cronoloxía Xeral:
Segundo cuarto do século XX
Uso:
Asedado do liño.
Descrición:
Instrumento que se compón dunha táboa fina de madeira, cos extremos cadrados e co centro tallado de forma ovalada. Sobre este centro sitúase unha estructura de ferro, cadrada na que van implantadas varias puntas ou dentes bicudos tamén de ferro uns máis grosos e outros máis finos. Ten un extremo da táboa roto, e esta completamente pintada de negro.
Notas para a súa colocación e emprego:
Unha vez limpo de estopa (despois de mazado) peitéase as fibras das estrigas, que se separan por medio deste rastrelo. Pásanse as estrigas polo peito ata que quedan ben alisadas e libres de asperezas, perdendo nestes saíntes a estopiña, que se aparta e aínda serve para tapar os billotes das cubas -a pechar as fendas dos recipientes de madeira misturándoa con sebo-. Con este paso, chégase á última parte da conversión da fibra que se vai tecer.
Ingreso
Forma de Ingreso:
Doazón
Fonte de Ingreso:
ASOCIACIÓN "O BIÓN"
Data Ingreso:
1991-01-01T12:00:00
Máis
información no Museo da
Limia
Características
Técnica:
TALLA E FUNDIDO
Autor/a:
Descoñecido/a
Estado de Conservación:
Regular
Firma:
Descoñecida
Ubicación:
Sala. 5. O liño
Dimensións:
- Alto: 68 cms.
- Ancho: 15 cms.
- Longo: 23 cms.
Outros Detalles
Lugar de Procedencia/Xacemento:
BREIXOME DE ARRIBA, VILAR DE SANTOS.
Época/Cultura:
GALEGA
Bibliografía:
Non dispoñible. Para máis información sobre a peza ou obxecto contacte co museo.