ROCA PARA FIAR O LIÑO
Detalles das
Imaxes
Autor/es:
Museo da Limia ou Descoñecido
Número Negativo:
Descoñecido
Identificación
Clasificación Xenérica:
Ferramentas e Equipos: Fiandeira
Materia:
VIMBIO PELADO, MADEIRA E FERRO
Cronoloxía Xeral:
Terceiro cuarto do século XX
Uso:
Para fiar o liño.
Descrición:
Peza composta por dúas partes a primeira é unha "vara" delgada e longa de Vimbio traballado e a segunda, chamada "reco"; que aparece no extremo superior; unida á vara un ariño de ferro cravado. Este reco está composto por varias tiras de vimbio pelado que unidas dan lugar a unha forma lanceolada, oca no interior, e que remata, unida con outros ariños de ferro unha pequena vara cadrada de madeira totalmente decorada con incisións e con ondas nas esquinas.
A súa colocación sería de tal xeito: despois de cardar o liño, ponse na roca, cóllense unha manela do liño, desenvolvese e embrollase ao redor do recó; logo a fiandeira pon no extremo inferior da vara por dentro da tira do mandil, pola esquerda -e coa man deste lado- vai collendo as fibras, a vez que coa man dereita tira do fío ata sacar dúas cuartas de longo; entón prende o fuso, e o fío vaise retorcendo e envolvendo nel, ao tempo que fai pasar pola espiral do Baínzo.
Ingreso
Forma de Ingreso:
Doazón
Fonte de Ingreso:
ASOCIACIÓN "O BIÓN"
Data Ingreso:
1991-01-01T12:00:00
Máis
información no Museo da
Limia
Características
Técnica:
TALLA
Autor/a:
Descoñecido/a
Estado de Conservación:
Bo
Firma:
Descoñecida
Tema/Decoración:
XEOMÉTRICA
Ubicación:
Sala. 5. O liño
Dimensións:
- Alto: 82 cms.
- Diámetro: 6cms.
Outros Detalles
Lugar de Procedencia/Xacemento:
XINZO DE LIMIA
Época/Cultura:
GALEGA
Bibliografía:
Non dispoñible. Para máis información sobre a peza ou obxecto contacte co museo.