SARILLO
Detalles das
Imaxes
Autor/es:
Museo da Limia ou Descoñecido
Número Negativo:
Descoñecido
Identificación
Clasificación Xenérica:
Ferramentas e Equipos: Fiandeira
Materia:
MADEIRA DE PEREIRA
Cronoloxía Xeral:
Terceiro cuarto do século XX
Uso:
Para facer unha meada ou useada.
Descrición:
Instrumento de madeira púlida, que presenta unha aspa ou cruz xiratoria no seu extremo superior, en que cada brazo da aspa remata cunhas travesas de madeira de sección rectangular chamadas "pombas". Esta cruz vai enganchada ao redor dun eixo ou espigo cilíndrico que á súa vez vai encaizado nun madeiro vertical, cilíndrico, con liñas incisas torneadas nos extremos. Este hastil vai sostido nun pé triangular cos extremos romos que se pasa sobre tres pequenos pés encaixados na táboa anteriormente citada.
A súa colocación será a seguinte: tomase unha das mazarocas*, búscase o cabo do fío e atáse nunha desas barras, e de seguido faise xirar o sarillo para que o fío vaia pasando polas catro; unha vez rematado unha mazaroca, o cabo do fío atase ao inicio doutra, e seguese do xeito descrito ata encher as pombas, facéndose unha meada que se chama "useada".
Nota aclaratoria: As "mazarocas" é o liño recollido despois de ser enfiado.
Ingreso
Forma de Ingreso:
Doazón
Fonte de Ingreso:
ROSA FERREIRO
Data Ingreso:
1991-01-01T12:00:00
Máis
información no Museo da
Limia
Características
Técnica:
TALLA
Autor/a:
Descoñecido/a
Estado de Conservación:
Bo
Firma:
Descoñecida
Ubicación:
Sala. 5. O liño
Dimensións:
- Alto: 94 cms.
- Ancho: 44 cms.
- Longo: 84 cms.
Outros Detalles
Lugar de Procedencia/Xacemento:
BREIXOME DE ARRIBA, VILAR DE SANTOS
Época/Cultura:
GALEGA
Bibliografía:
Non dispoñible. Para máis información sobre a peza ou obxecto contacte co museo.