PICARO OU ABIÑADOIRO
Detalles das
Imaxes
Autor/es:
Museo da Limia ou Descoñecido
Número Negativo:
Descoñecido
Identificación
Clasificación Xenérica:
Ferramentas e Equipos: Fiandeira
Materia:
MADEIRA
Cronoloxía Xeral:
Terceiro cuarto do século XX
Uso:
Utilizase para abiñar, é dicir para xuntar dous fíos do liño para torcelos despois, e usalos para calcetar.
Descrición:
Instrumento composto de dúas táboas paralelas; unha é bastidor de madeira coa base rectangular, escalonada, sobre a que se asentan dúas varas de madeira torneadas, a modo de columnas e dous fusos cravados en dous pequenos buratos; estos son de forma cónica , tanto na súa parte superior como superior, sendo esta última moi afilada. A peza remata con outro vástago de madeira, con catro buratos, por onde pasan as catro pezas descritas anteriormente sobresaíndo por enriba do vástago.
A súa colocación é a seguinte: póñense os dous fusos carregados con sendos novelos. A seguir, collense xuntos os costales dos dous fíos e préndese a unha parafusa, especie de fuso máis pesado e maior que o corrente con el vanse retorcendo os fíos e embrullándoos ao seu redor.
Ingreso
Forma de Ingreso:
Doazón
Fonte de Ingreso:
ROSA FERREIRO
Data Ingreso:
1991-01-01T12:00:00
Máis
información no Museo da
Limia
Características
Técnica:
TALLA E TORNEADO
Autor/a:
Descoñecido/a
Estado de Conservación:
Bo
Firma:
Descoñecida
Ubicación:
Sala. 5. O liño
Dimensións:
- Alto: 31 cms.
- Ancho: 13 cms.
- Longo: 30 cms.
Outros Detalles
Lugar de Procedencia/Xacemento:
BREIXOME DE ARRIBA, VILAR DE SANTOS
Época/Cultura:
GALEGA
Bibliografía:
Non dispoñible. Para máis información sobre a peza ou obxecto contacte co museo.