XUGO DE MULIDA
Detalles das
Imaxes
Autor/es:
Museo da Limia ou Descoñecido
Número Negativo:
Descoñecido
Identificación
Clasificación Xenérica:
Ferramentas e Equipos: O agro
Materia:
MADEIRA
Cronoloxía Xeral:
Segundo cuarto do século XX
Uso:
Xungir os bois ou vacas polos cornos e utilizalo para traballos de tracción; arar, gradar, carretar, etc…
Descrición:
Instrumento de madeira, longo, feito dunha soa peza, cuns extremos lisos chamados "cabezas": a súa parte superior a forman unha serie de prominencias; unhas de forma triangular e outras rectangulares ( nunha aparece un taco de goma como reforzo) chamadas "castelanas". Estas castelanes están separados por outras entalladuras máis profundas chamadas "Mosas ou casas" - de sección cóncava e convexa-. Na parte inferior leva tres formas cóncavas, as dúas dos extremos chamanse "cangadoiros" e telen forma de arco rebaixado. As partes dos cangadoiros e entalladuras máis profundas, están totalmente pulidos polo uso.
Ingreso
Forma de Ingreso:
Doazón
Fonte de Ingreso:
MANUEL GARCÍA BAHÍA
Data Ingreso:
1991-01-01T12:00:00
Máis
información no Museo da
Limia
Características
Técnica:
TALLA
Autor/a:
Descoñecido/a
Estado de Conservación:
Bo
Firma:
Descoñecida
Ubicación:
Ilocalizable
Dimensións:
- Alto: 13 cms.
- Ancho: 11cms.
- Longo: 129 cms.
Outros Detalles
Lugar de Procedencia/Xacemento:
VILAR DE SANTOS
Época/Cultura:
GALEGA
Bibliografía:
Non dispoñible. Para máis información sobre a peza ou obxecto contacte co museo.