XUGO DE CORREDOR OU XUGA
Detalles das
Imaxes
Autor/es:
Museo da Limia ou Descoñecido
Número Negativo:
Descoñecido
Identificación
Clasificación Xenérica:
Ferramentas e Equipos: O agro
Materia:
MADEIRA DE CASTIÑEIRO E FERRO
Cronoloxía Xeral:
Segundo cuarto do século XX
Uso:
Para xungir as xugadas de bois ou vacas polos traballos de arado das patacas e millo, co obxectivo de que as reses vaian o máis separadas e non pisen o surco, evitando así que aplasten as plantas, movéndose as mazas segundo sexa a medida dos surcos.
Descrición:
Instrumento formado por unha vara longa de seción cuadrangular, lisa nos extremos e cunhas prominencias na parte superior central, de sección rectangular, cas súas correspondentes entalladuras máis profundas de forma cóncava, chamada "MOSAS ou CASAS" que están moi desgastadas polo uso. A vez, leva dúas mazas móviles iguais, de sección cuasi cilíndrica e ocas no centro para poder pasar polo anterior vástago central. Estas mazas presentan a súa parte superior cunha prominencia rectangulares, chamadas "castelanes", entre as cales queda outra entalladura máis profunda. Na parte inferior levan sendos arcos rebaixados cóncavos, chamados "cangadoiros". No extremo destas mazas aparecen dúas prominencias, ambas de sección cilíndrica, que nun dos seus lados leva un cravo de ferro pendido cunha corda que atravesa a peza ata chegar a algúns dos buratos que facían no vástago central. Unha das mazas aparece reforzada con láminas de ferro cravadas.
Ingreso
Forma de Ingreso:
Doazón
Fonte de Ingreso:
MANUEL GARCÍA BAHÍA
Data Ingreso:
1991-01-01T12:00:00
Máis
información no Museo da
Limia
Características
Técnica:
TALLADO E FORXA
Autor/a:
Descoñecido/a
Estado de Conservación:
Regular
Firma:
Descoñecida
Ubicación:
Ilocalizable
Dimensións:
- Alto: 16 cms.
- Ancho: 10cms.
- Longo: 196 cms.
Outros Detalles
Lugar de Procedencia/Xacemento:
VILAR DE SANTOS
Época/Cultura:
GALEGA
Bibliografía:
Non dispoñible. Para máis información sobre a peza ou obxecto contacte co museo.