TRAXE TRADICIONAL DA LIMIA
Detalles das
Imaxes
Autor/es:
Museo da Limia ou Descoñecido
Número Negativo:
Descoñecido
Identificación
Clasificación Xenérica:
Uso personal
Materia:
TERCIOPELO SINTÉTICO, LÁ, LIÑO, ALGODÓN, RASO.
Cronoloxía Xeral:
1992
Uso:
Indumentaria tradicional da comarca da Limia, antes usábase para ocasións ceremoniosas, hoxe quedou relegado como traxe rexional da comarca
Descrición:
Traxe composto por unha camisa branca de liño, coa manga longa e aberta na parte diantera con botóns, de colo pechado, con adornas de puntillas en este, nos puños e na pecheira. Sobre a camisa vai o "Dengue", esclavina de terciopelo negro que chega ata a cintura e cuios extremos se cruzan diante do peito e se suxeitan, abrochado, na parte inferior da espalda. Esta totalmente adornada con rosetóns de acibeche, pasamaneria e abalorios. Da cintura cara abaixo, leva unha "saia" ou enagua branca de liño, con cinturilla e vó; leva xaretas e puntilla na parte inferior. Sobre esta enagua vai un refaixo granate con vó, que se remata na parte inferior con dúas franxas negras; unha de pasamaneria, e outra de terciopelo. Cubrindo o refaixo, vai o "Mantelo" ou muradana, de terciopelo negro, ceñida a cintura con lazada - vai aberta por detrás e é máis curta que o refaixo-. Aparece totalmente adornada con acibeches, pasameneria e abalorios. O traxe rematase cun pano de cabeza, de forma triángular, realizado en encaixe branco.
Ingreso
Forma de Ingreso:
Doazón
Fonte de Ingreso:
CONCELLO DE VILAR DE SANTOS
Data Ingreso:
1992-01-01T12:00:00
Máis
información no Museo da
Limia
Características
Técnica:
Cortado, cosido, bordado e tecido.
Autor:
FORMACIÓN OCUPACIONAL de costura co Concello de Vilar de Santos.
Estado de Conservación:
Moi bo
Firma:
Descoñecida
Tema/Decoración:
Vexetal: rosetóns de acibeche, pasamaneria, lazos, cintas.
Ubicación:
Antesala 5
Dimensións:
- Alto: 160 cms.
Outros Detalles
Lugar de Procedencia/Xacemento:
VILAR DE SANTOS
Época/Cultura:
GALEGA
Bibliografía:
Non dispoñible. Para máis información sobre a peza ou obxecto contacte co museo.