MUIÑO DE CAFÉ
Detalles das
Imaxes
Autor/es:
Museo da Limia ou Descoñecido
Número Negativo:
Descoñecido
Identificación
Clasificación Xenérica:
Uso dómestico
Materia:
LATÓN, FERRO E MADEIRA.
Cronoloxía Xeral:
Segundo cuarto do século XX
Uso:
Moer o gran
Descrición:
Peza en base cadrada, realizada en latón pintado de azul, e cun pequeno caixón, situado na parte inferior, que se abre por medio dun pequeno tirador de madeira pintado en vermello, é a onde ía parar o café xa moído.
Os catro lados da caixa xa teñen unha decoración incisa en forma de rombos; Incluso un deles, o dianteiro, é aproveitado para inscribir nel as inicais da marca do muiño, "ELMA". O remate da peza tamén é cadrada e cun burato circular, cuberto con dúas pezas semiesféricas -unha fixa e otra móbil- hoxe desaparecida, por onde se introducía o café en gran para moer, e que por medio dunha manivela, rematada nun tirador de madeira pintado en vermello, situado no extremo dun eixo helicoidal de ferro, xiraba, triturando o gran. Ten un burato circular situado na parte central da base cadrada para a limpeza do muiño. (A día de hoxe, as partes de pintura azul e vermella prácticamente desapareceron).
Ingreso
Forma de Ingreso:
Doazón
Fonte de Ingreso:
CESÁREO PORTELA
Data Ingreso:
1990-01-01T12:00:00
Máis
información no Museo da
Limia
Características
Técnica:
FUNDIDO, LABRADO, INCISIÓN E PINTADO
Autor/a:
Descoñecido/a
Estado de Conservación:
Regular
Firma:
Descoñecida
Ubicación:
Sala 7. A tenda e as feiras
Dimensións:
- Alto: 18 cms.
- Ancho: 10 cms.
- Longo: 11 cms.
Outros Detalles
Lugar de Procedencia/Xacemento:
A MANGA, LAMAS (XINZO DE LIMIA)
Época/Cultura:
GALEGA
Inscrición/Marcas:
ELMA
Bibliografía:
Non dispoñible. Para máis información sobre a peza ou obxecto contacte co museo.