TEAR
Detalles das
Imaxes
Autor/es:
Museo da Limia ou Descoñecido
Número Negativo:
Descoñecido
Identificación
Clasificación Xenérica:
Ferramentas e Equipos: Fiandeira
Materia:
MADEIRA DE CARBALLO, CORDA, LIÑO
Cronoloxía Xeral:
Primeiro cuarto do século XIX
Uso:
Tecer as pezas de liño.
Descrición:
Armadura de madeira con catro grandes patas de sección cadrada que sosteñen parte das pezas. En medio, destas patas temos unha serie de madeiras atravesadas que aguantan o mecanismo que move o tear. Estos mecanismos móbiles son os seguintes:
Comezando dende a parte máis baixa do tear, primeiro atópase o "orgo do pano", o eixe liso transversal onde se amarra o comezo do lenzo. A seguir, atópase o "pente ou peite", aloxado no canal de madeira e suspendido por dous brazos dunha travesa, situada na parte superior; despois, atópanse os "lizos" (moi mal conservados), que son dous, formado cada un por unha transa de fíos. Estos lizos van suspendidos dunhas cordas que pasan por dúas "rodelas" de madeira, penduradas de outro eixe transversal, apoiado no armazón de madeira. Estas rodelas móvense alternativamente (cando unha baiza e a outra sube) por medio de dous pedales de madeira alongados, chamados "premedeiras", apoiados no chan que van colgados dos lizos. E para rematar, no outro extremo do tear atópase o "orgo do liño", que é un eixe cilíndrico e móbil, no que se vai enganchando a peza de liño xa rematada.
Ingreso
Forma de Ingreso:
Doazón
Fonte de Ingreso:
ROSA FERREIRO
Data Ingreso:
1991-01-01T12:00:00
Máis
información no Museo da
Limia
Características
Técnica:
TALLA, CORTADO, CRAVADO
Autor/a:
Descoñecido/a
Estado de Conservación:
Regular
Firma:
Descoñecida
Ubicación:
Sala. 5. O liño
Dimensións:
- Alto: 210 cms.
- Ancho: 255 cms.
- Longo: 165 cms.
Outros Detalles
Lugar de Procedencia/Xacemento:
BREIXOME DE ARRIBA (VILAR DE SANTOS)
Época/Cultura:
GALEGA
Bibliografía:
Non dispoñible. Para máis información sobre a peza ou obxecto contacte co museo.