RIPANZO OU RIPO
Detalles das
Imaxes
Autor/es:
Museo da Limia ou Descoñecido
Número Negativo:
Descoñecido
Identificación
Clasificación Xenérica:
Ferramentas e Equipos: Fiandeira
Materia:
MADEIRA DE CASTIÑEIRO E FERRO
Cronoloxía Xeral:
Segundo cuarto do século XX
Uso:
Quitar a semente ao liño. Collendo dous, os seus mangados de liño pola raíz, bátenos alternativamente contra o peite, puxando para sí, e facendo que deste xeito, se lles vaia desprendendo a semente.
Descrición:
Instrumento a modo de peite de madeira e ferro composto por unha grosa táboa, de deseño rectangular, pero que vai adelgazando, e incluso rompendo ata chegar ao pé. Na parte inferior da táboa, por medio dun corte, vai montada unha ringleira de dentes de ferro, serrados e longos de sección circular, moi pegados uns aos outros. Os dentes dos extremos son máis grandes, aínda que lle falta un deles. Suxéitase esta ringleira cuns remaches de ferro nos extremos aparafusados á táboa.
Ingreso
Forma de Ingreso:
Doazón
Fonte de Ingreso:
ASOCIACIÓN "O BION"
Data Ingreso:
1992-01-01T12:00:00
Máis
información no Museo da
Limia
Características
Técnica:
TALLA E FUNDIDO
Autor/a:
Descoñecido/a
Estado de Conservación:
Regular
Firma:
Descoñecida
Ubicación:
Almacén
Dimensións:
- Alto: 105 cms.
- Ancho: 6 cms.
- Longo: 54 cms.
Outros Detalles
Lugar de Procedencia/Xacemento:
BREIXOME DE ARRIBA (VILAR DE SANTOS)
Época/Cultura:
GALEGA
Bibliografía:
Non dispoñible. Para máis información sobre a peza ou obxecto contacte co museo.