Catálogo do Museo Etnográfico da Limia


RIPANZO OU RIPO

Detalles das Imaxes
Autor/es: Museo da Limia ou Descoñecido Número Negativo: Descoñecido
Identificación
Clasificación Xenérica: Ferramentas e Equipos: Fiandeira Materia: MADEIRA DE CARBALLO E FERRO Cronoloxía Xeral: Segundo cuarto do século XX Uso: Quitar a semente ao liño. Collendo dous mangados de liño pola raíz, bátenos alternativamente contra o peite, puxando para si, e facendo que deste xeito se lles vaia desaparecendo a semente. Descrición: Instrumento a modo de peite de madeira e ferro. Composto dunha madeira longa, ancha e curta, sobre a que se engarza unha fileira de dentes de ferro serrados e longos de sección circular e máis afiados nos cabezais. Os dentes dos extremos son máis grandes e grosos, aínda que un desapareceu hoxe. Aparecen varios cravos de ferro ao longo de toda a madeira para unir ben unha madeira coas outras ou para pechar algunha fenda. Esta táboa vertical noutra táboa horizontal, hoxe desaparecida. - Esta peza está doada ao museo do telar en Allariz-
Ingreso
Forma de Ingreso: Doazón Fonte de Ingreso: CÉSAR GONZÁLEZ GARRIDO Data Ingreso: 1991-01-01T12:00:00
Máis información no Museo da Limia