TRAXE DE HOME
Detalles das
Imaxes
Autor/es:
Museo da Limia ou Descoñecido
Número Negativo:
Descoñecido
Identificación
Clasificación Xenérica:
Uso personal
Materia:
LÁ, ALGODÓN, VELUDO, LIÑO, RASO.
Cronoloxía Xeral:
1992
Uso:
Indumentaria tradicional da comarca da Limia. Hoxe usado soamente como traxe, antes soíase usar para festas, bodas, etc...
Descrición:
Compúñase dunha camisa de liño branca con lorzas no peito, con tira no colo e puños abotonados; sobre a camisa, o chaleco de pano granate, abotonado adiante con botóns dourados e coa parte traseira de tea adamascada en tóns dourados e con colo en veludo negro.
A chaqueta é de pano negro, sen lapelas e con botóns dourados adiante. O calzón, tamén de pano negro, chega ata o xeonllo, e cunha abertura lateral, adornado con tres botóns, que deixan saír as cirolas ou calzas, feitas de liño branco.
Na parte inferior da perna cobríase con polainas de pano negro, rebereteadas con veludo da mesma cor, que chegaban ata o calzado e ían provistas de botóns dourados aos lados.
Ingreso
Forma de Ingreso:
Doazón
Fonte de Ingreso:
CONCELLO DE VILAR DE SANTOS
Data Ingreso:
1992-11-01T12:00:00
Máis
información no Museo da
Limia
Características
Técnica:
CORTADO COSIDO, TECIDO
Autor:
Taller ocupacional da costura do concello de Vilar de Santos.
Estado de Conservación:
Moi bo
Firma:
Descoñecida
Ubicación:
Antesala 5
Dimensións:
- Alto: 160 cms.
- Ancho: 40 cms.
- Longo: 59 cms.
Outros Detalles
Lugar de Procedencia/Xacemento:
VILAR DE SANTOS
Época/Cultura:
GALEGO
Bibliografía:
Non dispoñible. Para máis información sobre a peza ou obxecto contacte co museo.