MALLOS
Detalles das
Imaxes
Autor/es:
Museo da Limia ou Descoñecido
Número Negativo:
Descoñecido
Identificación
Clasificación Xenérica:
Ferramentas e Equipos: O agro
Materia:
MADEIRA, COIRO E FERRO
Cronoloxía Xeral:
Segundo cuarto do século XX
Uso:
Mallar o centeo. Deluvábase o cereal nun proceso complexo en grupo no que os malladores usaban e golpeaban o mallo sobre a mes, disposta na eira, cun ritmo alternaativo para conseguir unha deluva uniforme.
Descrición:
Instrumento composto por dous paos dos que o mango é o máis longo e fino que o mazo. O mango ou "MANGUEIRA", conserva restos de cortiza; é de sección cilíndrica e leva no extremo unha carapucha de coiro ou "CARRAXOTA" que vai suxeita con correas do mesmo material e asegurada con cravos. Únese à carapucha do mallo, chamada "CIDOIRO" que tamén vai cravada cunha tira de coiro denominada "CINGUIDOIRO" - tamén se lle chama "MAZO", "PIRTIGO" ou "PERTEGO"- .
Ingreso
Forma de Ingreso:
Doazón
Fonte de Ingreso:
ASOCIACIÓN "O BIÓN"
Data Ingreso:
1989-11-01T12:00:00
Máis
información no Museo da
Limia
Características
Técnica:
TALLA, RECORTADO COSIDO E CRAVADO
Autor/a:
Descoñecido/a
Estado de Conservación:
Regular
Firma:
Descoñecida
Ubicación:
Sala 3. O patio, os cultivos
Dimensións:
- Alto: 160 cms.
- Diámetro: 3 cms.
Outros Detalles
Lugar de Procedencia/Xacemento:
VILAR DE SANTOS
Época/Cultura:
GALEGA
Bibliografía:
Non dispoñible. Para máis información sobre a peza ou obxecto contacte co museo.