GRADE OU RASTRA
Detalles das
Imaxes
Autor/es:
Museo da Limia ou Descoñecido
Número Negativo:
Descoñecido
Identificación
Clasificación Xenérica:
Ferramentas e Equipos: O agro
Materia:
MADEIRA DE CARBALLO E FERRO
Cronoloxía Xeral:
Segundo cuarto do século XX
Uso:
Desterrar, preparar e alisar a terra. Despois de ser arada para a sementeira. Subía o labrador encima para aumentar o peso e así ser máis efectivo o traballo.
Descrición:
Peza formada por unha armazón de madeira, composta por dúas barras paralelas unidas por tres táboas en forma de "H". Todas as madeiras son de sección rectángular. Nas dúas barras máis longas colócase senllas filas de dentes de madeira; sete colocados de modo alternativo polo que ningún deles pasa polo terreo polo que o fixeorn os outros.
Na metade das táboas exteriores teñen unhas argolas de ferro polas que se introducirían os paus ou cadeas que o unían ao xugo do animal.
Ingreso
Forma de Ingreso:
Doazón
Fonte de Ingreso:
DELFÍN IGLESIAS DÍAZ
Data Ingreso:
1991-11-01T12:00:00
Máis
información no Museo da
Limia
Características
Técnica:
TALLA E FORXA
Autor/a:
Descoñecido/a
Estado de Conservación:
Regular
Firma:
Descoñecida
Ubicación:
Sala 3. O patio, os cultivos
Dimensións:
- Alto: 46 cms.
- Ancho: 12 cms.
- Longo: 179 cms.
Outros Detalles
Lugar de Procedencia/Xacemento:
MOREIRAS (XINZO)
Época/Cultura:
GALEGA
Bibliografía:
Non dispoñible. Para máis información sobre a peza ou obxecto contacte co museo.