ANGAZO OU ANGACIÑO
Detalles das
Imaxes
Autor/es:
Museo da Limia ou Descoñecido
Número Negativo:
Descoñecido
Identificación
Clasificación Xenérica:
Ferramentas e Equipos: O agro
Materia:
MADEIRA DE CARBALLO
Cronoloxía Xeral:
Segundo cuarto do século XX
Uso:
Para separar a palla do gran despois da malla. Para estender o gran e xuntalo para ser aventado. Tamén se usa para desterrar e alisar as hortas.
Descrición:
Instrumento con 10 púas rectas de sección romboidal aguzadas na punta que atravesan, cravadas con puntas, totalmente a cabeza. Das 10 púas perdéronse dúas. A cabeceira é de sección rectangular e presenta un orificio para encaixar oblicuamente o hastil ou vara de madeira, alongada e tallada irregularmente e de sección circular, totalmente desamada. Presenta na parte exterior da cabeceira de forma incisa as iniciais M. G. T.
Ingreso
Forma de Ingreso:
Doazón
Fonte de Ingreso:
EDUARDO JARDÓN CABRERA
Data Ingreso:
1991-01-01T12:00:00
Máis
información no Museo da
Limia
Características
Técnica:
TALLA
Autor/a:
Descoñecido/a
Estado de Conservación:
Regular
Firma:
Descoñecida
Ubicación:
Almacén
Dimensións:
- Alto: 139 cms.
- Ancho: 58 cms.
- Longo: 26 cms.
Outros Detalles
Lugar de Procedencia/Xacemento:
VILAR DE SANTOS
Época/Cultura:
GALEGA
Inscrición/Marcas:
Presenta na cabeceira, na parte exterior, incisas, as iniciais M.G.T.
Bibliografía:
Non dispoñible. Para máis información sobre a peza ou obxecto contacte co museo.