CAZOLA OU OLA
Detalles das
Imaxes
Autor/es:
Museo da Limia ou Descoñecido
Número Negativo:
Descoñecido
Identificación
Clasificación Xenérica:
Uso dómestico
Materia:
BARRO AMARELO E VIDRIADO
Cronoloxía Xeral:
1992
Uso:
Gardar a manteiga do porco ou "PRINGO" e algunha vez o mel. Tamén se usaba para facer as "sopas das paridas" feitas con pan de trigo en chocolate ou leite e manteiga de vaca.
Descrición:
Peza de corpo esferoidal, cuxo desenvolvemento equivale a un pouco máis da metade dun esferoide. Con pé plano e circular, boca redonda, ampla e con borda ou orella volteada. Ten unha asa plana e vertidal nun extremo.
Toda a peza, excepto a parte inferior, mantén o vidriado -elemento típico da zona de Niñodeagüia, resultante de misturar un óxido de ferro ou mazarrón ao mineral de chumbo-. Presenta unha decoración a raias horizontais, incisas, que se denominan "vincoras".
Ingreso
Forma de Ingreso:
Compra
Data Ingreso:
1992-01-01T12:00:00
Máis
información no Museo da
Limia
Características
Técnica:
CERÁMICA COCIDA E VIDRIADA
Autor/a:
Descoñecido/a
Estado de Conservación:
Moi bo
Firma:
Descoñecida
Ubicación:
Sala 7. A tenda e as feiras
Dimensións:
- Alto: 14 cms.
- Diámetro: 17 cms.
Outros Detalles
Lugar de Procedencia/Xacemento:
NIÑODEAGÜIA
Época/Cultura:
GALEGA
Bibliografía:
Non dispoñible. Para máis información sobre a peza ou obxecto contacte co museo.