MÁQUINA DE ENCHER OS CHOURIZOS
Detalles das
Imaxes
Autor/es:
Museo da Limia ou Descoñecido
Número Negativo:
Descoñecido
Identificación
Clasificación Xenérica:
Uso dómestico
Materia:
MADEIRA DE CARBALLO
Cronoloxía Xeral:
Segundo cuarto do século XX
Uso:
Para encher os chourizos. Colócase un funil no burato da táboa que se enche de carne de porco para os chourizos e a través do cilíndro da panca vai empuxando a carne que cae directamente á tripa encaixada no final do funil.
Descrición:
Mesa de madeira con catro patas -de sección cadrada- que van encaizadas nun táboa rectangular cun burato no centro na que aparece unha panca alongada que ten no centro un cilindro de madeira. Este cilindro atravesa o burato anteriormente mencionado; no outro extremo da táboa ten un repousa-panca que é un taco de madeira colocado de forma vertical á táboa.
Ingreso
Forma de Ingreso:
Doazón
Fonte de Ingreso:
BENITO FERNÁNDEZ SANTANA
Data Ingreso:
1991-10-01T12:00:00
Máis
información no Museo da
Limia
Características
Técnica:
TALLA
Autor/a:
Descoñecido/a
Estado de Conservación:
Regular
Firma:
Descoñecida
Ubicación:
Sala 4. A casa
Dimensións:
- Alto: 91 cms.
- Ancho: 31 cms.
- Longo: 108 cms.
Outros Detalles
Lugar de Procedencia/Xacemento:
AS PEGAS (SANDIÁS)
Época/Cultura:
GALEGA
Bibliografía:
Non dispoñible. Para máis información sobre a peza ou obxecto contacte co museo.