Catálogo do Museo Etnográfico da Limia


OLA DE MAZAR O LEITE OU PUCHEIRA

Detalles das Imaxes
Autor/es: Museo da Limia ou Descoñecido Número Negativo: Descoñecido
Identificación
Clasificación Xenérica: Uso dómestico Materia: BARRO COCIDO Cronoloxía Xeral: Segundo cuarto do século XX Uso: Para o mazado do leite e para o acarreo da auga para cociñar ou para beber. Descrición: Vasilla de base circular cunha configuración troncocónico na metade inferior e esferoidal na superior que lle conforma unha grande amplitude na panza, estreitándose no colo formando unha pequena que remata nunha boca, con borda de orella, non moi ancha para introducir ou "mazalo do leite"; presenta unha emata nunha asa vertical na cabeceira para mellorar a súa suxección e con dúas bocas; unha cilíndrica chamada "bico grande" e outra máis pequena "bico delgado" cunha forma de pitorro, polo que se bebe o líquido. Non presenta ningunha decoración. Está realizado en barro vermello, vidriado tan só no extremo ou terzo superior.
Ingreso
Forma de Ingreso: Depósito Fonte de Ingreso: VICENTE PORTELA Data Ingreso: 1990-10-01T12:00:00
Máis información no Museo da Limia