QUENTADOR DE PÉS
Detalles das
Imaxes
Autor/es:
Museo da Limia ou Descoñecido
Número Negativo:
Descoñecido
Identificación
Clasificación Xenérica:
Uso dómestico
Materia:
BARRO COCIDO
Cronoloxía Xeral:
1992
Uso:
Quentar os pés. Enchendo a botella de auga quente, introdúcese nas camas para quentar os pes. Primeiro foron feitos de barro amarelo e posteriormente con barro vermello pola súa maior resistencia ao calor. Outro uso: botellas para gardar a augardente.
Descrición:
Peza cilíndrica cun pé circular de escasa altura que vai adelgazando pouco a pouco ata o colo e que remata nun pequeño orificio circular, de borda sinxela, polo que se introducía a auga quente. O corpo está totalmente decorado con franxas horizontais incisas, chamadas "vincoras", típicas da zona de Niñodeagüia, realizadas cun instrumento de madeira chamado "cavinete". Leva pegada unha pequena asa plana moi curvada na parte superior esqueda.
Ingreso
Forma de Ingreso:
Compra
Data Ingreso:
1992-01-01T12:00:00
Máis
información no Museo da
Limia
Características
Técnica:
CERÁMICA COCIDA
Autor/a:
Descoñecido/a
Firma:
Descoñecida
Dimensións:
- Alto: 34 cms
- Longo: 17 cms.
- Diámetro: 17 cms.
Outros Detalles
Bibliografía:
Non dispoñible. Para máis información sobre a peza ou obxecto contacte co museo.